Os Concellos de Mugardos e de Ares fusionaranse nun só

Este é um site satírico. Não o tome seriamente. É uma piada.

2059 4858 ações

Logo de meses de negociacións, parece que os gobernos municipais das dúas administracións chegaron xa a un acordo e teñen o respaldo da maioría de cada corporación e o único que falta é o tramite das aprobacións plenarias.

Hai anos que a posibilidade estaba aí pero nos últimos meses houbo dous aspectos claves que aceleraron o proceso: a posible baixada de 5.000 habitantes nun futuro próximo e os atrancos que afloraron co covid tanto en mobilidade coma nos aspectos xa compartidos a día de hoxe (Edar, Complexo Acuático, Instituto, competicións deportivas, etc)

O nome que adoptará o novo Concello xa está decidido, será MugARes, e o topónimo será mugardesano/a. A fusión permitirá formar un Concello de mais de 11.000 habitantes.

A cor representativa será o verde claro, que saldrá da fusión do azul de Ares e do amarelo pulpeiro. Houbo reticencias de ser o verde por ser a cor do Galicia de Mugardos, pero a situación desentrancouse ao poñer verde fosforito.

O edificio do Concello construirase en Simou, na antiga delimitación entre os dous territorios. Nun primeiro momento ía ser en Franza, no Edificio escolar de Franza-O Seixo, ao carón da Igrexa, pero @s veciñ@s desta localidade rexeitaron a posible decisión en vistas da posible revalorización do terreo e crecemento descontrolado perdendo todo indicio da paz coa que conviven agora.

No sondeo sobresalen os datos dos núcleos de Redes e O Seixo, nos que as persoas preguntadas contestaron nun 80 a opción b: Que fagan o que queiran, non me considero de Ares/Mugardos. O outro 20 contestou a opción c: Yo vengo de visita.

Na parte de Mugardos pasárono a ver con mellores ollos cando veron que xa non van ter que pagar por estacionar nas praias que non son a Bestarruza.

Outro dato importante será o aforro económico en corporación municipal. Aínda que non tód@l@s concelleir@s están content@s coa noticia, hai quen ve isto coma unha nova oportunidade para poder chegar a gobernar.

Este é um site satírico. Não o tome seriamente. É uma piada.

loading Biewty

Popular

  1. 1

    [ coronavÍrus - covid-19 ] - ultima noticia [ CORONAVÍRUS - COVID-19 ] Você comprou alguma maconha recentemente? Tem dúvidas de que possa estar contaminado com o coronavírus Covid-19? Apresente-se às suas autoridades locais, nós testamos o seu produto. Para maior eficiência e confiabilidade dos resultados, forneça-nos a identidade da pessoa que vendeu para você, bem como toda a informação que você tem sobre a cadeia de abastecimento, e nós cuidaremos do resto. Nosso procedimento também funciona para resina de cannabis, cocaína, heroína, e muitas outras substâncias. ??? O nosso compromisso com a sua segurança